lunes, 21 de mayo de 2012

Presentación

Este blog está escrito en galego con traducciones en castellano


GALEGO
Ola a todos, son Raquel, unha moza galega de 25 anos nacida no concello de A Estrada alá polo ano 86 e con alma de gaiteira . Son estudante e Galiza en Feltro é un pasatempo que pouco a pouco se foi convertendo en algo máis que iso, e gustaríame que algún día se converta nun medio de vida xa que me gusta o que fago.

 Dende moi cativa a miña nai aprendeume a sentir e vivir a cultura galega, a falar a lingua e a respectar as nosas tradicións. Comecei a bailar muiñeiras con tan só 4 anos e un do soños da miña nai era que aprendese a tocar a gaita, cousa que daquela  non me facía moito chiste.
Comecei a miña andaina musical coa pandeireta con tan só 7 anos e con 14,o meu mestre Xosé Oliveira, fixo que para min a gaita fose unha prolongación do meu propio corpo, algo necesario no día a día ata tal punto que pasaba horas e horas tocando.Miña nai non me castigaba sen ver a tv....castigábame a non tocar a gaita....iso era o peor castigo de todos.

A base do meu traballo é a cultura galega, así comezou todo, inda que actualmente non todas as creacións son inspiradas na cultura da nosa terra, un xeito de poder chegar a tódolos públicos e de abrir fronteiras neste mundo tan saturado e plaxiado das manualidades. Todas as miñas creacións son deseños propios, debuxados e deseñados pola miña cabeciña para todos vós e identificados coas siglas GF.

P.D : Un dos piares principais que me fan seguir co traballo e me anima en todo momento é o meu Kakiño, amigo e compañeiro de tantas batallas, amor incondicional dende fai xa tantos anos. Se non fose por ti Galiza en Feltro posiblemente non existiría.Grazas neno.


CASTELLANO
Holas a todos, soy Raquel, gallega de 25 años nacida en A Estrada en el año 86 con alma de gaiteira. Soy estudiante y Galiza en Feltro es un pasatiempo que poco a poco se ha ido convirtiendo en algo más que eso, y me gustaría que algún día se convierta en un medio de vida ya que me gusta lo que hago.

Desde pequeña mi madre me aprendió a sentir y a vivir la cultura gallega, a hablar el idioma y a respetar las tradiciones. Empecé a bailar muñeiras con tan solo 4 años y uno do los sueños de mi madre era que aprendiese a tocar la gaita, cosa que no me hacía mucha gracia.Empecé a tocar la pandereta con tan solo 7 años y con 14,mi maestro Xosé Oliveira ,hizo que para mí la gaita fuese una prolongación de mi cuerpo, algo necesario en el día a día hasta tal punto que pasaba horas y horas tocando. Mi madre no me castigaba sin ver la tv....me castigaba sin tocar la gaita...ese era el peor castigo de todos.

La base de mi trabajo es la cultura gallega, así empezó todo, pero actualmente no todas mis creaciones son inspiradas en la cultura gallega para poder llegar a todos los públicos y de abrir fronteras en este mundo tan saturado y plagiado de las manualidades. Todas mis creaciones son diseños propios e identificados con las siglas GF.

P.D : Uno de los pilares principales que me hacen seguir con el trabajo y me anima en todo momento es mi Kakiño, amigo y compañero de tantas batallas, amor incondicional desde hace ya tantos años. Si no fuese por ti Galiza en Feltro posiblemente no existiría. Gracias neno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario